xoves, 26 de novembro de 2015

TEMA 2: ACTIVIDADE 6 IMPRESORAS 3D


  Unha impresora 3D o que realmente fai é producir un deseño 3D creado co computador nun modelo 3D físico. É dicir, se deseñamos no noso computador por exemplo unha simple cunca de café (por medio de calquera programa CAD - Deseño Asistido por Computador) poderemos imprimila na realidade por medio da impresora 3D e obter un produto físico que sería a propia cunca de café.
Polo xeral, os materiais que se utilizan para fabricar os obxectos poden ser metais, nylon, e como uns 100 tipos de materiais diferentes.
Unha impresora 3D pode crear obxectos tan sinxelos como unha cunca de café a obxectos moito máis complicados e incribles como partes dun avión ou mesmo órganos humanos utilizando as propias células dunha persoa.
As impresoras 3D crean un obxecto coas súas 3 dimensións construíndo capas sucesivamente ata conseguir o obxecto desexado

Actualmente no mercado existen dous tipos de impresoras 3D :

- Impresoras 3D de Adición: nas que se vai engadindo o material para imprimir por capas (tamén se chaman ''de inxección de polímeros'')

- Impresoras 3D de Compactación:
nestas, unha masa de po compáctase por estratos (capas) e dentro deste método clasifícanse en 2 tipos: as que utilizan Tinta ou as que utilizan Láser.

As de Tinta utilizan unha tinta que aglomera o po para que sexa compacto e esa tinta pode ser de diferentes cores para a impresión en diferentes cores.

As Láser utilizan un láser que lle dá enerxía ao po facendo que este po se polimerice e logo mergúllase nun líquido que fai que se solidifique.

Algunhas aplicacións destacadas da impresora 3D son:

1. Partes do corpo e prótese humanas:
Pódense fabricar prótese para discapacitados como pernas, brazos, mans, anacos de óso e mesmo cubertas para a cara en caso de feridas profundas.

2. Armas:
Isto pode chegar a supoñer unha ameaza para a seguridade cidadá a curto prazo xa que ás institucións públicas seralles imposible controlar o mercado de armas.

3.Construción:
Xa se fala da posibilidade de utilizar impresoras 3D xigantes para construír casas a través dunha mestura de cemento con residuos industriais como o vidro e un axente de endurecemento especial en tan só 24 horas. Iso faise imprimindo pezas prefabricadas que despois permiten montar a vivenda en moi pouco tempo reducindo ademais nun 50% os residuos xerados.

A continuanción, un video que explica un poco as impresoras 3D


Ningún comentario:

Publicar un comentario